Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 30 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha planta solar fotovoltaica no concello de Friol, Lugo (expediente LU-2022-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción da instalación de produción de enerxía eléctrica que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Villasán Renovables, S.L. (CIF B27515667).

Domicilio social: rúa do Hospital, 7, 4º A, 27800 Vilalba (Lugo).

Denominación do proxecto: proxecto para implantación de planta solar fotovoltaica.

Situación: polígono 58, parcela 181, Friol (Lugo).

Parcelas con referencia catastral: 27020A058001810000BS.

Coordenadas UTM ETRS89: X: 598.447, Y: 4.766.075.

Potencia instalada: 990 kW.

Características técnicas principais das instalacións:

• Instalación solar fotovoltaica conectada á rede de distribución de 990 kW de potencia nominal (1.108,8 kWp), formada por:

− 2.464 módulos solares fotovoltaicos de silicio monocristalino de 450 Wp por unidade.

− 44 seguidores solares a un eixe horizontal, con movemento ± 60º E-O, fincados directamente ao chan.

– 6 inversores de 175 kW de potencia nominal unitaria intemperie (IP-65), limitados a 165 kW.

• Edificio prefabricado de formigón en que se instalan:

− Centro de transformación (CT) con refrixeración de aceite de 1000 kVA e relación de transformación 20/0,8 kV, coas correspondentes celas de liña, medida e protección.

− Transformador de servizos auxiliares de 20 kVA e relación de transformación de 800/400 V.

− Cadro de protección de liñas e inversores.

– Cadro xeral de mando e protección dos servizos auxiliares.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións.

Documentación que se expón:

O proxecto de execución (asinado con data do 27 de setembro de 2022 e visado o 28 de setembro de 2022 con número 9242022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e co artigo 47 da Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70 baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14:00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 29 46 62.

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/solar-fotovoltaica/friol

Lugo, 30 de novembro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo