Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66399

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade Terras de Celanova

ANUNCIO do 21 de decembro de 2022 referente á convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 289, do 20 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que deben rexer a convocatoria para prover as seguintes prazas:

12 prazas de auxiliar de axuda no fogar do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, a xornada completa.

2 prazas de bombeiro/a do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, a xornada completa.

3 prazas de chofer de recollida de residuos/rozadora do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, a xornada completa.

1 praza de mecánico/a do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, a xornada completa.

18 prazas de auxiliar de axuda no fogar do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

8 prazas de bombeiro/a do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

9 prazas de chofer de recollida de residuos/rozadora do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

1 praza de operario/a de planta de residuos do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

2 prazas de peón/peoa de recollida de residuos/rozadora do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

6 prazas de traballadores/as sociais do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

2 prazas de educadores sociais do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

1 praza de psicopedagogo/a do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

1 praza de técnico/a en dietética e nutrición do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

1 praza de instrutor/a deportivo/a do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

1 praza de técnico/a de inserción laboral do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

1 praza de axente de emprego e desenvolvemento local do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

1 praza de técnico/a de administración do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

1 praza de relacións laborais do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

3 prazas de auxiliar administrativo do persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, a xornada completa.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense e/ou no taboleiro de anuncios da sede electrónica da Mancomunidade Terra de Celanova.

Celanova, 21 de decembro de 2022

Jaime Sousa Seara
Presidente da Mancomunidade Terra de Celanova