Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66398

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir un posto de traballo de ordenanza vacante no cadro de persoal laboral fixo da Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra (referencia CE2022CM-D2).

No Boletín Oficial da provincia núm. 242, do 21 de decembro de 2022, publicáronse as bases do proceso selectivo convocado para cubrir o seguinte posto vacante no cadro de persoal laboral fixo da Escola Universitaria de Enfermaría, incluído na oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal 2022 (CE2022CM-D2):

1. Un posto de laboral fixo de ordenanza, polo sistema de concurso de méritos.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 22 de decembro de 2022

A presidenta da Deputación de Pontevedra
P.D. (R.P. núm. 2019012988, do 15.7.2019)
Noemí Outeda Prol
Deputada delegada da Escola Universitaria de Enfermaría