Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66397

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Zas

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de auxiliar administrativo de servizos sociais dentro do procedemento extraordinario de estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 240, do 21 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de auxiliar administrativo de servizos sociais, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, grupo C2, a través do proceso selectivo de concurso, en desenvolvemento da oferta de emprego público dentro do procedemento extraordinario de estabilización do emprego temporal.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Zas, 21 de decembro de 2022

O alcalde
P.S. (Decreto de delegación núm. 167/2022, do 27.5.2022)
Óscar Lema Romero
Concelleiro delegado de Persoal