No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 240, do 21 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de peón de obras e servizos múltiples, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, a través do proceso selectivo de concurso-oposición, en desenvolvemento da oferta de emprego público dentro do procedemento extraordinario de estabilización do emprego temporal.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Zas, 21 de decembro de 2022
O alcalde
P.S. (Decreto de delegación núm. 167/2022, do 27.5.2022)
Óscar Lema Romero
Concelleiro delegado de Persoal