Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66394

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sobrado

ANUNCIO da convocatoria e das bases xerais e específicas para a provisión das prazas do proceso de estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 241, do 22 de decembro de 2022, publícanse integramente as bases xerais e específicas para prover, mediante concurso, as prazas correspondentes á oferta de emprego público excepcional publicada no BOP número 96, do 23 de maio, que a seguir se relacionan:

Prazas de persoal funcionario de carreira:

– Un praza de administrativo/a, escala Administración xeral, subescala administrativa, grupo C1.

Prazas de persoal laboral fixo:

– Unha praza de arquitecto/a técnico/a.

– Unha praza de técnico/a de deportes.

– Unha praza de educador/a social.

– Unha praza de animador/a cultural.

– Unha praza de técnico/a AEDL.

– Unha praza de administrativo/a, a xornada parcial.

– Dúas prazas de auxiliar administrativo/a.

– Unha praza de oficial 2ª electricista.

– Unha praza de condutor/a rozadora.

– Unha praza de peón.

– Seis prazas de axuliar de axuda no fogar, a xornada parcial.

O prazo de presentación de instancias é de vinte (20) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación do extracto do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sobrado, 22 de decembro de 2022

Luis Lisardo Santos Ares
Alcalde