Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66711

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

ANUNCIO da convocatoria de consolidación e estabilización como persoal laboral fixo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de titulado/a superior (grupo I) e de auxiliar administrativo/a (grupo IV).

No portal da Fundación Galicia Europa publícase integramente a Resolución do 23 de decembro, que establece a convocatoria e as bases que rexerán o proceso extraordinario para a consolidación e estabilización como persoal laboral fixo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de titulado/a superior (grupo I) e de auxiliar administrativo/a (grupo IV), na entidade instrumental Fundación Galicia Europa (oferta de emprego público extraordinaria 2022).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos no portal web da Fundación Galicia Europa (https://fundaciongaliciaeuropa.eu).

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022

Jesús Mª Gamallo Aller
Director da Fundación Galicia Europa