Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66710

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO das bases xerais, das específicas e das convocatorias dos procesos selectivos da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 286, do 16 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais, as bases específicas e as convocatorias dos procesos selectivos incluídos na OPE de estabilización do emprego temporal do organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal:

https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 16 de decembro de 2022

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde