Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66707

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porqueira

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras dos procesos selectivos para a provisión das prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria para estabilizar o emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Ourense núm. 120, do 27 de maio de 2022, e no DOG núm. 115, do 16 de xuño de 2022, publicouse a oferta de emprego público extraordinaria para estabilizar o emprego temporal do Concello de Porqueira, de conformidade coa Lei 20/2021, aprobada mediante a Resolución da Alcaldía do 24 de maio de 2022.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 23.12.2022 aprobáronse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e a execución do proceso de estabilización de emprego no Concello de Porqueira.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello: https://porqueira.sedelectronica.gal/info.0 aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria e o proceso de selección. Tamén aparecerán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Porqueira, 23 de decembro de 2022

Susana Vázquez Dorado
Alcaldesa