Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66706

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO da convocatoria das prazas do proceso de selección por concurso (execución dos procesos de estabilización do emprego temporal, disposición adicional 6ª e 8ª da Lei 20/2021) e por concurso-oposición (execución dos procesos de estabilización do emprego temporal, Lei 20/2021).

Mediante a Resolución da Alcaldía 2022-0508, do 22 de decembro de 2022, aprobáronse as bases que regulan a convocatoria para cubrir as seguintes prazas:

• Por concurso, como persoal laboral fixo a tempo completo: 1 auxiliar administrativo servizos sociais-encargado de padróns municipais, 9 auxiliares de axuda no fogar, 1 persoal Grupo Emerxencias Supramunicipais e 1 operario.

• Por concurso, como persoal laboral fixo a tempo parcial: 1 profesor escola música municipal, especialidade percusión; 1 profesor escola música municipal, especialidade piano; 1 profesor escola música municipal, especialidade guitarra.

• Por concurso-oposición, como persoal laboral fixo a tempo completo: 1 auxiliar administrativo, 1 limpador/a, 4 auxiliares de axuda no fogar, 1 chofer motoniveladora e 1 persoal Grupo Emerxencias Supramunicipais.

As bases íntegras foron publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 296, do 28 de decembro de 2022.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello.

A Pontenova, 23 de decembro de 2022

Darío Campos Conde
Alcalde presidente