Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66654

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 23 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías/grupos desta entidade instrumental, que figuran convocadas na oferta pública de emprego extraordinaria recollida no Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública.

As bases completas que regulan a convocatoria poden consultarse na páxina web do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) http://www.acsug.es/gl/acsug/transparencia/persoal

De conformidade co previsto nestas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día 16 de xaneiro de 2023.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de ACSUG, http://www.acsug.es/gl/acsug/transparencia/persoal

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022

José Eduardo López Pereira
Director do consorcio Axencia para a Calidade
do Sistema Universitario de Galicia