Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66653

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a da Área Xurídica.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a da Área Xurídica (Diario Oficial de Galicia núm. 222, do 22 de novembro), de conformidade co establecido no dito anuncio,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a da Área Xurídica, unha vez visto o informe emitido pola Secretaría Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Segundo. En uso das atribucións conferidas polo artigo 10.2.m) do Decreto 79/2001, polo que se aproba o Regulamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, nomear a María José Prieto Fernández no seguinte posto:

Denominación do posto de traballo: xefe/a da Área Xurídica.

Categoría profesional: técnico I.

Código do posto: AGDR 01 02 00.

Destino do posto: Secretaría Xeral.

Terceiro. O nomeamento referido no punto segundo desta resolución terá efectos administrativos e económicos desde o 1 de xaneiro de 2023, inclusive.

Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada perante o presidente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural