Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67335

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2022 pola que se modifican certas ordes da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Mediante esta resolución modifícanse as ordes da consellería competente en materia de facenda que se relacionan a seguir:

1) A Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

2) A Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

3) A Orde da Consellería de Facenda, do 27 de xaneiro de 2014, pola que se regula a subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Así, en primeiro lugar modifícanse as ordes citadas nos números 1 e 2. Para unha adecuada aplicación das taxas e os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, a Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación, codificou tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican. Así mesmo, a Orde do 29 de xuño de 1994 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia recolle a codificación dos distintos prezos aprobados na Comunidade Autónoma.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que viñeron crear ou modificar os servizos xestores e as tarifas existentes, razón pola que cómpre revisar as codificacións recollidas nas ordes citadas. Por outra banda, regulouse o pagamento, mediante transferencia bancaria e xiro postal, de débedas cuxa xestión recadatoria ten encomendada a Axencia Tributaria de Galicia, polo que é necesario actualizar a mención que se fai ao lugar do pagamento nos modelos de ingreso.

As normas que motivan as modificacións son as que se citan a seguir:

1) Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

2) Decreto 72/2022, do 25 de maio, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

3) Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

4) Lei de medidas fiscais e administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

5) Orde do 7 de setembro de 2022, pola que se fixan os prezos privados do servizo de matadoiro móbil de Galicia.

6) Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 12 de abril de 2022, pola que se regula o pagamento, mediante transferencia bancaria e xiro postal, de débedas cuxa xestión recadatoria ten encomendada a Axencia Tributaria de Galicia.

O parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 e a disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994 autorizan a persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia para actualizar os anexos das ordes citadas.

En segundo lugar, cómpre modificar a orde citada no número 3. A Lei de medidas fiscais e administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia regula no seu artigo 7 unha bonificación do tipo de gravame da taxa fiscal sobre o xogo do bingo, de xeito que, nas modalidades do xogo do bingo diferentes ao bingo electrónico, o suxeito pasivo poderá aplicar o tipo de gravame do 30 % en cada período impositivo no cal mantivese o emprego con respecto ao exercicio 2022.

O modelo 043, de autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo. Bingo, está recollido no anexo V da Orde da Consellería de Facenda, do 27 de xaneiro de 2014, pola que se regula a subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

A disposición adicional quinta desta orde autoriza a Dirección da Axencia Tributaria de Galicia para modificar ou actualizar mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia os anexos das propias ordes, cando sexa preciso como consecuencia da modificación das normas legais ou regulamentarias ou como consecuencia dos avances tecnolóxicos, os cambios de sistemas ou calquera outra circunstancia que precise a correspondente plasmación nos modelos aprobados ou nas normas ou especificacións técnicas aprobadas polos ditos anexos.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992, da disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994 e da disposición adicional quinta da Orde da Consellería de Facenda, do 27 de xaneiro de 2014,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar o anexo V da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

04 Presidencia, Xustiza e Deportes

01

Secretaría

04

Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia

05

Secretaría Xeral de Emigración

06

Secretaría Xeral para o Deporte

07

Axencia Turismo de Galicia

OA

08

Secretaría Xeral de Medios

09

Emerxencias

11

Diario Oficial de Galicia

12

Relacións Exteriores e coa Unión Europea

16

Xogo

17

Asociacións, fundacións e colexios profesionais

18

Administración Local

19

Academia Galega de Seguridade Pública

OA

20

Interior e Espectáculos Públicos

21

Axencia Galega de Emerxencias

OA

23

Corporación Radio e Televisión de Galicia

OA

25

Instituto de Medicina Legal de Galicia

05 Facenda e Administración Pública

01

Secretaría

02

Instituto Galego de Estatística

OA

06

Política Financeira

07

Función Pública

08

Axencia Tributaria de Galicia

OA

09

Tribunal Administrativo de Contratación Pública

10

Escola Galega de Administración Pública

OA

11

Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega)

OA

06 Infraestruturas e Mobilidade

01

Secretaría

02

Mobilidade

04

Axencia Galega de Infraestruturas

OA

15

Augas de Galicia

OA

16

Xurado de Expropiación de Galicia

26

Servizo Técnico Xurídico

07 Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

01

Secretaría

03

Ensino Medio

05

Secretaría Xeral de Política Lingüística

06

Patrimonio Cultural

07

Arquivos

08

Rexistro da Propiedade Intelectual

09

Axencia Galega das Industrias Culturais

OA

10

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

OA

11

Museos

08 Economía, Industria e Innovación

01

Secretaría

02

Minas

03

Administración Industrial

05

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

OA

06

Comercio

07

Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega)

OA

08

Enerxía

09

Axencia Galega de Innovación

OA

11

Servizo Galego de Propiedade Industrial (Segapi)

12

Instituto Galego de Promoción Económica

OA

09 Medio Rural

01

Secretaría

02

Supervisión de Proxectos

03

Contratación

04

Infraestruturas Agrarias

05

Formación Agraria

06

Centro de Investigacións Agrarias

07

Axudas Estruturais

08

Industria e Comercialización Agroalimentaria

09

Sanidade e Produción Animal

10

Montes e Industrias Forestais

12

Defensa Contra Incendios

13

Fomento Cooperativo

14

Fondo Galego de Garantía Agraria-Fogga

OA

15

Sanidade Vexetal

16

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)

OA

17

Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal)

OA

26

Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)

OA

11 Sanidade

01

Secretaría

02

Planificación e Ordenación

03

Sergas-Xerencia

OA

06

Sergas-Farmacia

OA

08

Saúde Pública

11

Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia-061

OA

12

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

OA

13

Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía

OA

16

Inspección Sanitaria

17

Protección á Saúde

18

Promoción da Saúde

19

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

OA

20

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

OA

12 Mar

01

Secretaría

02

Acuicultura (S.C.)

03

Marisqueo (S.C.)

04

Pesca (S.C.)

05

Desenvolvemento Pesqueiro

06

Recursos Mariños

07

Competitividade e Innovación Tecnolóxica

08

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar)

OA

10

Ente Público Portos de Galicia

OA

14 Política Social e Xuventude

01

Secretaría

02

Escolas Infantís-AGSS

OA

03

Xuventude

04

Tempo Libre

06

Menores

07

Dependencia e Autonomía Persoal

15 Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

01

Secretaría

04

Patrimonio Natural

06

Prevención e Xestión Ambiental

07

Fomento e Control de Calidade Ambiental

08

Control e Xestión de Residuos

09

Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia

10

Centro de Investigacións Forestais

11

Servizo Técnico Xurídico

14

Inspección e Intervención Ambiental

15

Meteogalicia

18

Axencia de Protección de Legalidade Urbanística

OA

19

Urbanismo

20

Instituto de Estudos do Territorio

OA

21

Instituto Galego de Vivenda e Solo

OA

17

Promoción do Emprego e Igualdade

01

Secretaría

04

Consello Galego de Relacións Laborais

OA

05

Emprego

06

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

OA

07

Secretaría Xeral de Igualdade

08

Formación

23 Consello da Cultura Galega

01

Consello da Cultura Galega

24 Consello Consultivo

01

Secretaría

Segundo. Actualizar o anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

A) Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

31.53.00

Declaración responsable de inicio de actividade, de modificación de datos ou de cesamento total de actividades dunha empresa funeraria, tanatorio, velorio ou crematorio

31.53.01

Declaración responsable de inicio de actividade dunha empresa funeraria, tanatorio, velorio ou crematorio

31.53.02

Declaración responsable de modificación de datos ou de cesamento total de actividades dunha empresa funeraria, tanatorio, velorio ou crematorio

32.29.19

Aprobación ou modificación do proxecto de explotación dun dereito mineiro

B) Modificando os códigos seguintes:

31.13.00

Declaración responsable de exhumación de cadáveres, criaturas abortivas, membros procedentes de amputacións e restos cadavéricos para reinhumación en distinto cemiterio

31.16.00

Acreditacións dos centros sanitarios

32.07.01

Capacitación profesional para o exercicio de actividades en materia de minas e seguridade industrial: realización de probas para a obtención do certificado e a expedición de certificados de capacitación profesional

32.77.02

Tramitación de expedientes en materia de augas minerais, termais e de manancial, con exclusión dos gastos relativos á información pública

32.77.04

Aprobación proxecto de perforación para captación de auga ou aproveitamentos xeotérmicos de moi baixa entalpía

C) Eliminando os códigos seguintes:

30.14.05

Clase C: válida para españois, outros cidadáns da Unión Europea e estranxeiros residentes, menores de 18 anos ou maiores de 65 anos.

30.37.00

Autorización para o establecemento, o traslado ou modificación de explotacións cinexéticas comerciais

30.56.00

Autorizacións de captura de aves frinxílidas

31.03.00

Actuacións en materia de ordenación en industrias agrarias

31.03.01

Instalación de novas industrias ou ampliación das existentes

31.03.02

Traslado de industrias

31.03.03

Substitución de maquinaria

31.03.04

Cambio de propietario da industria

31.13.02

Exhumación dun cadáver, criatura abortiva ou membros procedentes de amputacións

31.13.03

Exhumación de restos cadavéricos

31.16.02

Acreditación de centros hospitalarios

31.23.00

Expedición de certificados

31.23.01

Certificado de orixe do material forestal de reprodución

31.23.02

Certificado por extracción de sementes, división ou unión de lotes

31.28.00

Seguimento e control da realización de ensaios e experiencias da eficacia con produtos fitosanitarios

31.37.00

Autorización de servizos de prevención externos

31.38.00

Autorización a persoas e entidades para realizaren auditorías de prevención

31.42.00

Outorgamento de licenza de homologación ás entidades para a realización de medidas e ensaios acústicos:

31.42.01

Licenza

31.42.02

Modificación

31.42.03

Renovación

32.22.00

Inscrición, autorización e posta en marcha de instalacións mineiras e de instalacións elevadoras de auga

32.29.11

Recoñecementos administrativos

32.29.12

Comunicación redución mostras de po

32.50.00

Recoñecemento das escolas de mergullo

32.79.00

Participación en feiras internacionais

32.79.01

Participación como coexpositor en feiras internacionais

32.79.02

Participación das empresas en feiras internacionais na modalidade centro de negocio

Terceiro. Actualizar o anexo VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, que queda como segue:

Banco Santander

Banco Sabadell

BBVA

Targobank

Evo Banco

Abanca

Ibercaja

Caixabank

Caixa Rural Galega

Caja Rural Zamora

Cuarto. Actualizar o modelo 731 contido no anexo VIII da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, que é substituído polo modelo que figura no anexo I desta resolución:

Quinto. Actualizar o anexo I da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 29 de xuño de 1994, engadindo o seguinte código:

365100 Servizo de matadoiro móbil

Sexto. Modificar as instrucións contidas no bloque denominado Autoliquidación do modelo 043, que figura no anexo V da Orde da Consellería de Facenda, do 27 de xaneiro de 2014, pola que se regula a subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo, que quedan redactadas do seguinte xeito:

«O recadro (2) Tipo de gravame e (3) Total terán o seguinte contido:

Tipo de gravame (2): neste recadro o obrigado tributario escollerá entre os tipos de gravame vixentes na data de devindicación.

Total (3): neste recadro consignarase o resultado de aplicar o tipo de gravame escollido (2) sobre a base impoñible acumulada desde a data de devindicación ata a fin do período a que se refire a declaración (1)».

Sétimo. Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2023.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2022

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO I

Modelo 731. Taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia

missing image file