Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67353

IV. Oposicións e concursos

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 28 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases que regulan as convocatorias de diversos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal, que se convocan polo sistema de concurso-oposición.

A directora da Axencia Turismo de Galicia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a estabilización do emprego temporal, de acordo coas previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso nas categorías seguintes:

– 1 profesor/a de hixiene, dietética e nutrición.

Grupo I.

– 1 profesor/a do departamento de servizos.

Grupo II.

As bases completas que regulan a convocatoria poden consultarse no portal web corporativo https://www.turismo.gal/espazo-institucional.

De conformidade co previsto nestas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do 9 de xaneiro de 2023.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no portal web corporativo https://www.turismo.gal/espazo-institucional.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2022

A directora da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (artigo 19.6 dos estatutos da Axencia Turismo de Galicia,
aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro)
Antonio Casas Calviño
Xerente da Axencia Turismo de Galicia