A directora da Axencia Turismo de Galicia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a estabilización do emprego temporal, de acordo coas previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías seguintes:
– 1 consultor/a do Departamento de Consultoría e Formación.
Grupo III, categoría 62.
– 1 auxiliar da Oficina de Turismo da Coruña.
Grupo III, categoría 62.
– 1 administrativo/a do Departamento de Administración.
Grupo III, categoría 62.
– 1 oficial administrativo de primeira.
Grupo III, categoría 62.
– 7 titulado/a superior.
Grupo I, categoría IV.
– 1 titulado/a grao medio.
Grupo II, categoría VII.
As bases completas que regulan a convocatoria poden consultarse no portal web corporativo https://www.turismo.gal/espazo-institucional.
De conformidade co previsto nestas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do 9 de xaneiro de 2023.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no portal web corporativo https://www.turismo.gal/espazo-institucional.
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2022
A directora da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (artigo 19.6 dos estatutos da Axencia Turismo de Galicia,
aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro)
Antonio Casas Calviño
Xerente da Axencia Turismo de Galicia