Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67356

IV. Oposicións e concursos

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 28 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II e III.

As bases que regulan a convocatoria poderán consultarse na páxina web da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, https://www.inega.gal

De conformidade co previsto nestas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles que se contarán desde o 16 de xaneiro de 2023, incluído.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, https://www.inega.gal

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2022

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia