Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67430

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría de programador/a, grupo III de persoal laboral fixo, nesta entidade instrumental do sector público.

Praza: un/unha (1) programador/a. NRP: 6090021.

As bases do proceso selectivo estarán expostas, unha vez que se abra o inicio do prazo de presentación de solicitudes, o día 16 de xaneiro de 2023, na sede da Fundación CESGA (Edificio CESGA, avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web: https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles que se contarán a partir da data de inicio citada no parágrafo anterior.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022

Lois Orosa Nogueira
Director-xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia