Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67431

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO do 26 de decembro de 2022 polo que se convocan procesos selectivos para a contratación de persoal laboral temporal e de persoal laboral fixo.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca procesos selectivos para a contratación de persoal laboral temporal e de persoal laboral fixo polos procedementos de concurso de méritos e de concurso-oposición.

As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avenida de Galicia, nº 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).

Os prazos de presentación de solicitudes serán:

– Procesos selectivos para contratación de persoal laboral temporal: dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

– Procesos selectivos para contratación de persoal laboral fixo: vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día 16 de xaneiro de 2023.

San Cibrao das Viñas, 26 de decembro de 2022

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne