Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67432

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO do 29 de decembro de 2022 polo que se publicita a exposición das bases e a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso.

Anúnciase a exposición das bases e a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización, aprobada pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas prazas de persoal laboral referenciadas no anexo do Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria das prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia.

As bases e a convocatoria están expostas na seguinte ligazón:

https://www.cidadedacultura.gal/gl/info/persoal

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2022

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia