Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67433

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na seguinte categoría, grupo I, tesoureiro/a e na categoría grupo III, administrativo/a.

As bases da citada convocatoria estarán expostas na páxina web da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada (www.feiradomoble.gal).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do 16 de xaneiro de 2023. O modelo de solicitude figura no anexo I das bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nelas.

A Estrada, 27 de decembro de 2022

José López Campos
Presidente da Fundación de Exposicións
e Congresos da Estrada