Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67434

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación do Instituto Feiral da Coruña-Ifeco

ANUNCIO mediante o cal se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías grupo III, asistente de dirección, e grupo III, técnico/a de mantemento.

As bases da convocatoria estarán expostas na páxina web da Fundación do Instituto Feiral da Coruña (IFECO): www.expocoruna.com

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do 16 de xaneiro de 2023. O modelo de solicitude figura no anexo I das bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nelas.

A Coruña, 27 de decembro de 2022

Andrés Fernández Calderón
Director xerente da Fundación do Instituto Feiral da Coruña-IFECO