Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67435

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Feiras e Exposicións de Lugo

ANUNCIO da convocatoria de concurso público para a cobertura de dúas prazas de persoal laboral correspondentes ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, aprobadas mediante o Decreto 79/2022, do 25 de maio (Diario Oficial de Galicia número 102), da Consellería de Facenda e Administración Pública, como oferta pública extraordinaria de emprego.

Convócase concurso público para a cobertura con carácter indefinido das seguintes prazas de persoal laboral na Fundación de Feiras e Exposicións de Lugo, de acordo coa oferta extraordinaria de prazas nas entidades instrumentais do sector público autonómico, aprobada mediante o Decreto 79/2022, do 25 de maio (DOG núm. 102), da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia:

– Encargado/a de mantemento.

– Secretaria.

As bases estarán dispoñibles no enderezo www.pfclugo.com e o prazo de entrega de solicitudes finalizará aos quince días naturais seguintes ao da data da súa publicación.

Lugo, 26 de decembro de 2022

Rubén López Fernández
Xerente da Fundación de Feiras e Exposicións de Lugo