Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67439

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

ANUNCIO do 26 de decembro de 2022, da Dirección Executiva da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, polo que se dá publicidade da Resolución do 23 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico/a de laboratorio, xefe/a laboratorio, adxunto/a de laboratorio, ATS/DUE, bioinformático/a, biotecnólogo/a, investigador/a asociado/a (grupo I.2), investigador/a colaborador/a e técnico/a especialista de investigación.

A Dirección Executiva da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, de conformidade co establecido no Decreto 79/2022, do 25 de maio (DOG núm. 102, do 30 de maio), polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no uso das súas competencias,

RESOLVE:

Acordar a publicación do anuncio da convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico/a de laboratorio, xefe/a laboratorio, adxunto/a de laboratorio, ATS/DUE, bioinformático/a, biotecnólogo/a, investigador/a asociado/a (grupo I.2), investigador/a colaborador/a e técnico/a especialista de investigación.

As persoas interesadas terán á súa disposición toda a documentación relativa ao proceso en www.sergas.es (Recursos Humanos/Emprego Público/Outros procesos selectivos/FP Galega de Medicina Xenómica).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2022

Ángel Carracedo
Director executivo da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica