Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67441

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

ANUNCIO das bases da convocatoria para a estabilización do emprego temporal incluída na oferta de emprego público extraordinaria de 2022, de conformidade coa Lei 20/2021.

De conformidade co establecido no Decreto 79/2022, do 25 de maio (DOG núm. 102, do 30 de maio), polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, o CEIDA publica na súa web (www.ceida.org) as bases que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas seguintes categorías:

Categoría

Grupo

Prazas

Diplomado/a en Biblioteconomía

Grupo II

1 praza

Administrativo/a

Grupo III

1 praza

Monitor/a

Grupo III

2 prazas

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles que se contarán a partir do 30 de xaneiro de 2023.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no DOG e na web do CEIDA, cando proceda, de conformidade coas bases.

Santa Cruz (Oleiros), 23 de decembro de 2022

Carlos Vales Vázquez
Director xerente do Centro de Extensión Universitaria
e Divulgación Ambiental de Galicia