Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67442

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo en diversas categorías do persoal.

A Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, dispensa a consideración de órgano convocante dos procesos de estabilización do emprego temporal, derivados da Lei 20/2021, as entidades do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, entre as cales se atopa a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

A Resolución do 24 de maio de 2022, da Dirección Xeral da Corporación RTVG (DOG núm. 103, do 31 de maio), aprobou a oferta de emprego público adicional de estabilización de prazas estruturais provistas de forma temporal, segundo se detalla no seu anexo III. A enumeración das prazas que se incluíron na oferta e que son obxecto desta convocatoria recolleuse no anexo II da Resolución do 24 de decembro de 2021, da Dirección Xeral da Corporación RTVG (DOG núm. 250, do 30 de decembro).

As bases do proceso selectivo están expostas na páxina web da Corporación
(https://www.crtvg.es/). O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día 1 de febreiro do 2023 e terá unha duración de 20 días hábiles. Todas as publicacións e notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na indicada páxina web.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022

Alfonso Sánchez Izquierdo
Director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.