Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67405

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO da convocatoria de proceso de selección para cubrir prazas de estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, números 241 e 246, publicáronse integramente as bases que deben rexer a convocatoria para prover as seguintes prazas en quenda libre:

Unha praza de médico da Unidade Asistencial de Drogodependencias, grupo I, para cubrir polo sistema de concurso.

Catorce prazas de conserxe, grupo agrupación profesional, para cubrir polo sistema de concurso.

Vinte e seis prazas de peón/peoa de limpeza, grupo V, para cubrir polo sistema de concurso.

Catro prazas de bibliotecario/a parroquial, grupo I, para cubrir polo sistema de concurso.

Catro prazas de traballador/a social, grupo II, para cubrir polo sistema de concurso.

Dúas prazas de educador/a social, grupo II, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de educador/a familiar, grupo I, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de técnico/a superior, categoría actividades socioculturais, grupo I, para cubrir polo sistema de concurso.

Dúas prazas de técnico/a medio, categoría actividades socioculturais, grupo II, para cubrir polo sistema de concurso.

Once prazas de profesor/a de música, grupo II, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de coordinador/a de ludoteca, grupo III, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de bibliotecario/a, grupo A1, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de psicólogo/a director/a do Centro de Información á Muller, grupo I, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de técnico/a de voluntariado, grupo II, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de técnico/a superior, escala de Administración xeral, grupo A1, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de técnico/a de Administración xeral, grupo I, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de técnico/a de Administración xeral, grupo II, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de director/a de Desenvolvemento Local, grupo I, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de técnico/a da Axencia de Desenvolvemento Local, grupo I, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de arquitecto/a, grupo I, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de arquitecto/a técnico/a, grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de logopeda, grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de director/a coordinador/a da Unidade Asistencial de Drogodependencias, grupo I, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de diplomado/a universitario/a de Enfermaría, grupo II, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de técnico en drogas, grupo II, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de auxiliar de clínica, grupo IV, para cubrir polo sistema de concurso.

Catro prazas de auxiliar de policía, grupo IV, para cubrir polo sistema de concurso.

Cinco prazas de oficial de seguridade condutor/a do grupo municipal de emerxencias, grupo IV, para cubrir polo sistema de concurso.

Cinco prazas de oficial/a de obras, grupo IV, para cubrir polo sistema de concurso.

Oito prazas de peón/a de obras, grupo V, para cubrir polo sistema de concurso.

Dúas prazas de oficial/a electricista, grupo IV, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de peón/a electricista, grupo V, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de oficial/a fontaneiro/a, grupo IV, para cubrir polo sistema de concurso.

Dúas prazas de condutor/a, grupo IV, para cubrir polo sistema de concurso.

Cinco prazas de oficial de servizos múltiples, grupo IV, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de inspector/a de taxas, grupo C2, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de sepultureiro/a, grupo C2, para cubrir polo sistema de concurso.

Oito prazas de peón/a de limpeza viaria, grupo V, para cubrir polo sistema de concurso.

Trece prazas de auxiliar administrativo/a, grupo C2, para cubrir polo sistema de concurso.

Dúas prazas de auxiliar administrativo/a, grupo IV, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de traballador/a social, grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso-oposición.

Unha praza de oficial de seguridade condutor/a do grupo municipal de emerxencias, grupo IV, para cubrir polo sistema de concurso-oposición.

Unha praza de pedagogo/a, grupo A1, para cubrir polo sistema de concurso.

Unha praza de fisioterapeuta, grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación das bases íntegras na sede electrónica do Concello de Cangas, que se fará coincidir coa última publicación nos diarios oficiais. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica e na páxina web do Concello de Cangas.

Cangas, 27 de decembro de 2022

María Victoria Portas Mariño
Alcaldesa