Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cenlle

ANUNCIO da convocatoria das prazas do proceso de estabilización de emprego temporal, incluídas na oferta de emprego público extraordinaria para o ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 293, sábado, 24 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover varias prazas mediante o proceso de estabilización de emprego temporal, por quenda libre:

– Unha praza de operario de servizos varios, oficial de 2ª, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, xornada completa.

– Unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, xornada completa.

– Unha praza de Auxiliar de augas e eficiencia enerxética, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, xornada completa.

– Unha praza de peón, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, xornada completa.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense e na sede electrónica do Concello de Cenlle.

Cenlle, 24 de decembro de 2022

Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa