Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67424

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valga

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso selectivo para a estabilización do emprego temporal ao abeiro da Lei 20/2021.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2022-0729, do 26 de decembro de 2022, ao abeiro do proceso de estabilización de emprego temporal do Concello de Valga, aprobáronse as bases xerais e específicas que rexerán os procesos selectivos convocados polo Concello de Valga para cubrir as prazas da oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, en relación coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, cuxas características e bases se encontran publicadas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Valga: https://valga.sedelectronica.gal

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, na sede electrónica https://valga.sedelectronica.gal, e no taboleiro de anuncios do Concello.

Valga, 26 de decembro de 2022

José María Bello Maneiro
Alcalde