Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67425

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do inicio do prazo de presentación de solicitudes para o proceso selectivo de oficial/a de mantemento, incluído nas ofertas de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019 (terceira fase da convocatoria).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 7 de decembro de 2022 publicáronse as bases específicas das prazas de oficial/a de mantemento, incluídas nesta 3ª fase da convocatoria.

As bases xerais dos procesos selectivos derivados da execución das ofertas de emprego público correspondentes aos anos 2017, 2018 e 2019 publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o 7 de xullo de 2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado para o persoal funcionario, sexa pola quenda libre ou por promoción interna, e para o laboral pola quenda libre.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da corporación, xuntamente coa páxina web municipal www.vigo.org

Vigo, 7 de decembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto Alcaldía do 16.4.2021 e Acordo do 8.9.2022)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Seguridade,
Contratación e Xestión Municipal