Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67426

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2022 referente á convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 246, do 27 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que deben rexer a convocatoria para prover as seguintes prazas de persoal laboral fixo e funcionario de carreira, que se cubrirán polos sistemas de concurso e concurso-oposición:

Persoal

Grupo

Núm. de prazas

Denominación da praza

Sistema de selección

Laboral

Grupo AP

1

Conserxe

Concurso

Laboral

Grupo AP

5

Limpador/a

Concurso

Laboral

Grupo AP

1

Limpador/a

Concurso-oposición

Laboral

Grupo AP

1

Operario/a de servizos múltiples

Concurso-oposición

Laboral

A2

1

Traballador/a social

Concurso

Laboral

A2

1

Educador/a familiar

Concurso

Funcionario/a

Grupo AP

1

Conserxe

Concurso

Funcionario/a

C2

1

Auxiliar administrativo/a

Concurso-oposición

O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Vilaboa, 28 de decembro de 2022

César Poza González
Alcalde