Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67351

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Emerxencias

EXTRACTO da Resolución do 29 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría 2 do grupo III e na categoría 1 do grupo IV de persoal laboral.

As bases completas que regulan a convocatoria poden consultarse na páxina web da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) https://www.axega112.gal

De conformidade co previsto nestas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día 16 de xaneiro de 2023.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axega https://www.axega112.gal

A Estrada, 29 de decembro de 2022

Marcos Araújo Pereira
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias