Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67350

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 21 de decembro de 2022 de convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico/a de contabilidade, técnico/a de plans e estudos, técnico/a superior de estudos, oficial administrativo/a, programador/a (técnico/a informático), condutor/a ordenanza, grupos I, III e IV.

Anúnciase a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico/a de contabilidade, técnico/a de plans e estudos, técnico/a superior de estudos, oficial administrativo/a, programador/a (técnico/a informático), condutor/a ordenanza, grupos I, III e IV, da entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

As bases da convocatoria poderán consultarse no portal web corporativo da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no enderezo https://www.agader.xunta.gal

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día 16 de xaneiro de 2023.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda e de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e/ou no portal web corporativo da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no enderezo https://www.agader.xunta.gal

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega
de Desenvolvemento Rural