Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 30 de decembro de 2022 Páx. 67349

IV. Oposicións e concursos

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de decembro de 2022 de convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría IV do grupo I, xefe de sección, na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a, e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a.

As bases que regulan a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría IV do grupo I, xefe de sección, na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a, e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a, da entidade pública empresarial Augas de Galicia poderán consultarse na páxina web de Augas de Galicia https://augasdegalicia.xunta.gal

De conformidade co previsto nas bases da convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles que se contarán desde o 16 de xaneiro de 2023, incluído.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Augas de Galicia https://augasdegalicia.xunta.gal

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2022

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia