Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 447

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico - Inorde

ANUNCIO de convocatoria dos procesos selectivos para a provisión das prazas incluídas na oferta extraordinaria de emprego público para estabilizar o emprego temporal de conformidade coa Lei 20/2021.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 293, do 24 de decembro de 2022, publicáronse as bases reguladoras do proceso selectivo para a provisión das prazas incluídas na oferta extraordinaria de emprego público para estabilizar o emprego temporal no Inorde, de conformidade coa Lei 20/2021, provisión que se realizará mediante concurso-oposición e concurso das seguintes prazas:

Concurso-oposición:

– Unha (1) praza de administrativo/a: persoal funcionario.

Concurso:

– Unha (1) praza de técnico/a de proxectos: persoal laboral fixo.

– Unha (1) praza de técnico/a AEDL: persoal laboral fixo.

– Unha (1) praza de técnico/a económico: persoal laboral fixo.

– Unha (1) praza de auxiliar administrativo/a: persoal funcionario.

– Dúas (2) prazas de técnico/a de laboratorio: persoal laboral fixo.

– Dúas (2) prazas de peón/oa agrícola: persoal laboral fixo.

– Unna (1) praza de técnico/a veterinario/a: persoal laboral fixo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio no BOE. Publicaranse previamente as bases íntegras no BOP e un anuncio no DOG.

O que se fai público para os efectos oportunos e en cumprimento do artigo 205 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Ourense, 26 de decembro de 2022

Rosendo Luis Fernández Fernández
Presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico-Inorde