Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 446

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

ANUNCIO das bases e convocatoria do proceso selectivo para prover as prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal, segundo a Lei 20/2021.

No BOP de Ourense número 295, do 27 de decembro de 2022, publicouse integramente a Resolución da Presidencia do 23 de decembro de 2022 que aproba as bases xerais e a convocatoria da oferta extraordinaria de emprego público para estabilizar o emprego temporal do Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, segundo a Lei 20/2021.

As prazas de persoal laboral fixo para prover por concurso-oposición libre segundo o artigo 2 da Lei 20/2021 son as seguintes:

– Unha (1) praza de director/a técnico: grupo II. Categoría profesional segundo a RPT: técnico medio.

– Unha (1) praza de técnico/a superior en informática: grupo III. Categoría profesional segundo a RPT: administrativo-informático.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse segundo o establecido nas citadas bases.

O que se fai público para os efectos oportunos, en cumprimento do artigo 205 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Ourense, 23 de decembro de 2022

Pablo Pérez Pérez
Presidente do Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento