Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 445

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de corrección de erros da oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal (Lei 20/2021).

É obxecto do presente anuncio a Resolución de corrección de erros da oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal (Lei 20/2021), ditada pola Alcaldía con data do 21 de decembro de 2022.

Detectados erros materiais e de feito na oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal, que foi publicada no DOG número 97, do 20 de maio de 2022, acordouse realizar a seguinte corrección:

– Na praza con denominación «Técnico/a municipal de emprego e orientación laboral, responsable», na epígrafe referente a «Clasificación», onde di: «Esc. Adm. esp. sub. de xest.», debe dicir: «Esc. Adm. xer. sub. de xest.».

– Na praza con denominación «Recepcionista da piscina», na epígrafe referente a «Clasificación», onde di: «Esc. adm. esp. sub. Aux.», debe dicir: «Esc. Adm. xer. sub. aux.».

– Na praza con denominación «Técnico/a de xestión da piscina municipal», na epígrafe referente a «Clasificación», onde di: «Esc. Adm. esp. sub. de xest.», debe dicir: «Esc. Adm. xer. sub. de xest.».

Viveiro, 22 de decembro de 2022

María Loureiro García
Alcaldesa