Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 444

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de corrección de erros nas bases xerais e específicas que regulan os procesos selectivos excepcionais que se convocan para o ingreso en prazas de funcionario de carreira ou persoal laboral fixo incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, taxa adicional de estabilización de emprego temporal (disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro), cota xeral, sistema de concurso, acceso libre.

É obxecto do presente anuncio a Resolución de corrección de erros nas bases xerais e específicas que regulan os procesos selectivos excepcionais que se convocan para o ingreso en prazas de funcionario de carreira ou persoal laboral fixo no Concello de Viveiro incluídas na oferta de emprego público do ano 202, taxa adicional de estabilización de emprego temporal (disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro), cota xeral, sistema de concurso, acceso libre, ditada pola Alcaldía con data do 21 de decembro de 2022.

Detectados erros materiais e de feito no extracto das bases xerais e expecíficas, que foi publicado no DOG nº 241, do 21 de decembro de 2022, acordouse realizar a seguinte corrección:

– Na praza con denominación «Técnico/a de xestión da piscina municipal», na epígrafe referente a «Clasificación», onde di: «Esc. Adm. esp. sub. de xest.», debe dicir: «Esc. Adm. xer. sub. de xest.».

Viveiro, 22 de decembro de 2022

María Loureiro García
Alcaldesa