Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 443

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de corrección de erros nas bases xerais e específicas que regulan os procesos selectivos de estabilización de emprego temporal que se convocan para o ingreso en prazas de funcionario de carreira ou persoal laboral fixo, incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, taxa adicional de estabilización de emprego temporal (artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro), cota xeral, sistema concurso-oposición, acceso libre.

É obxecto do presente anuncio a Resolución da Alcaldía, do 21 de decembro de 2022, de corrección de erros nas bases xerais e específicas que regulan os procesos selectivos de estabilización de emprego temporal que se convocan para o ingreso en prazas de funcionario de carreira ou persoal laboral fixo no Concello de Viveiro, incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, taxa adicional de estabilización de emprego temporal (artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro), cota xeral, sistema concurso-oposición, acceso libre.

Detectados erros materiais e de feito no extracto das bases xerais e específicas, que foi publicado no DOG nº 241, do 21 de decembro de 2022, acordouse realizar a seguinte corrección:

– Na praza con denominación «Técnico/a municipal de emprego e orientación laboral, responsable», na epígrafe a Clasificación, onde di: «Esc. Adm. esp. sub. de xest.», debe dicir: «Esc. Adm. xer. sub. de xest.».

– Na praza con denominación «Recepcionista da piscina», na epígrafe referente a Clasificación, onde di: «Esc. Adm. esp. sub. aux.», debe dicir: «Esc. Adm. xer. sub. aux.».

Viveiro, 22 de decembro de 2022

María Loureiro García
Alcaldesa