Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 440

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterrei

ANUNCIO de corrección de erros da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal.

Publícase o Decreto da Alcaldía do 13 de decembro de 2022, cuxo teor literal é o seguinte:

«Mediante o Decreto da Alcaldía número 2022-0054 aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Monterrei.

Advertidos pola Mesa Xeral de Negociación do 12 de decembro de 2022 os seguintes erros en relación coa dita oferta:

Primeiro. Que a praza de arquitecto técnico pertence á Agrupación Monterrei-Cualedro, da que é titular o Concello de Cualedro e, polo tanto, é a esta entidade á que lle corresponde levar a cabo o proceso de estabilización, polo que cómpre eliminala da relación.

Segundo. Que, de acordo coa relación de postos de traballo, aprobada no Pleno do 2 de decembro de 2020, a praza de educador-coordinador do servizo de axuda no fogar debe denominarse educador social.

De conformidade co disposto no artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Corrixir os erros detectados no Decreto núm. 2022-0054, sobre a aprobación da oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, sendo as prazas que se aproban as seguintes:

Persoal laboral:

Grupo de clasificación

Categoría laboral

Situación actual

Vacantes

Sistema de acceso

Data de adscrición

Asimilado A2

Orientador laboral

Ocupada laboral temporal

1

Concurso-oposición

15.9.2011

Asimilado A2

Educador social

Ocupada laboral temporal

1

Concurso-oposición

11.8.1997

IV

Auxiliar de biblioteca

Ocupada laboral temporal

1

Concurso-oposición

1.3.2001

IV

Oficial de servizos varios (fontaneiro)

Ocupada laboral temporal

1

Concurso-oposición

1.2.2002

V

Operario condutor rozadora (agrupada co Concello de Cualedro)

Ocupada indefinida sen sentenza

1

Concurso-oposición

1.3.2011

V

Auxiliar de axuda no fogar

Ocupada laboral temporal

1

Concurso-oposición

16.3.2015

V

Auxiliar de axuda no fogar

Ocupada laboral temporal

1

Concurso-oposición

17.10.2006

V

Auxiliar de axuda no fogar

Ocupada laboral temporal

1

Concurso-oposición

1.1.2009

V

Auxiliar de axuda no fogar

Ocupada laboral temporal

1

Concurso-oposición

1.1.2009

V

Auxiliar de axuda no fogar

Ocupada laboral temporal

1

Concurso-oposición

17.10.2006

V

Auxiliar de axuda no fogar

Ocupada laboral temporal

1

Concurso-oposición

8.10.2010

V

Auxiliar de axuda no fogar

Ocupada laboral temporal

1

Concurso-oposición

1.8.2009

V

Limpador instalacións municipais

Ocupada laboral temporal

1

Concurso-oposición

22.9.2015

V

Auxiliar de axuda no fogar

Ocupada

laboral temporal

1

Concurso-oposición

14.1.2016

V

Auxiliar de axuda no fogar

Ocupada

laboral temporal

1

Concurso-oposición

1.9.2016

Segundo. Publicar esta resolución no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello.

Terceiro. Trasladar esta resolución ao Ministerio de Facenda e Función Pública, a través da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos».

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso potestativo de reposición, ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio. Todo isto sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que se considere máis oportuno en dereito.

Monterrei, 13 de decembro de 2022

José Luis Suárez Martínez
Alcalde