Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 336

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 16 de decembro de 2022 pola que se declara deserto un posto vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, pola Orde do 14 de outubro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 203, do 25 de outubro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo, mediante a Orde do 14 de outubro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 203, do 25 de outubro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2022

María Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Código do posto: MA.O11.00.000.15770.002.

Denominación: secretario/a director/a xeral.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 18.

Complemento específico: 7.201,18 €.

Forma provisión: libre designación.

Subgrupo: C1-C2.

Corpo/escala: xeral.

Adscrición administración: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego, requisito indispensable).

Observacións: xornada especial.