Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 334

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 16 de decembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG núm. 201, do 5 de outubro), modificada pola Resolución do 5 de marzo de 2021 (DOG núm. 47, do 10 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG núm. 211, do 6 de novembro), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2022

José Ramón Caeiro Rey
Presidente do tribunal

ANEXO

Quenda de promoción interna.

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

Concurso

Total

1

***9524**

Pérez Pérez, Beatriz

40,65

Exenta

30,25

70,90

Quenda de acceso libre.

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

Concurso

Total

1

***7734**

Redondo Collazo, María Soledad

35,05

Exenta

36,40

71,45

2

***8943**

Rodríguez Zarauza, Marta

39,26

Exenta

28,60

67,86

3

***8251**

Vázquez Armesto, Lorena

33,58

Exenta

32,58

66,16

4

***4424**

Iglesias Rodríguez, Lucía

39,26

Exenta

23,12

62,38

5

***6615**

López González, Nuria

38,95

Exenta

18,40

57,35

6

***3978**

Conde Díaz, Mónica

31,90

Exenta

25,44

57,34

7

***9771**

Blanco Couselo, José

37,58

Exento

17,95

55,53

8

***7148**

Gómez Vázquez, Eva

41,58

Exenta

10,60

52,18

9

***0992**

Sánchez Barros, Angélica

32,42

Exenta

18,40

50,82