Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 242

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 22 de decembro de 2022 pola que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

A Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, regula no seu artigo 11 a composición e o réxime de elección das persoas que integran o Consello da Economía Social de Galicia, e no artigo 12, o seu nomeamento e cesamento, duración do mandato e substitucións.

A composición do Consello da Economía Social de Galicia foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 37, do 21 de febreiro de 2019. Esta composición foi modificada pola Orde do 7 de novembro de 2019 e polas ordes do 2 de marzo de 2020, do 16 de novembro de 2020, do 3 de xuño de 2021, do 9 de agosto de 2021 e do 1 de febreiro de 2022 polas que se procedeu ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

Os cambios producidos nos titulares dos órganos de dirección e no persoal funcionario adscrito á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, na Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades fan necesario substituír os vogais titular e suplente en representación da consellería competente en materia de fundacións e asociacións, así como o vogal suplente en representación da consellería competente en materia de emprego, o vogal titular en representación da consellería competente en materia de educación e a secretaria suplente do Consello da Economía Social de Galicia.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confiren o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, e o artigo 12 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, por proposta das consellerías competentes,

RESOLVO:

Primeiro

Que cesen a Natalia Lobato Mosquera como vogal titular e María Amadora Rodríguez Carreira como vogal suplente en representación da consellería competente en materia de fundacións e asociacións, Juan José Lirón Gago como vogal suplente en representación da consellería competente en materia de emprego, José Luis Mira Lema como vogal titular en representación da consellería competente en materia de educación e Beatriz Martínez Morales como secretaria suplente do Consello da Economía Social de Galicia.

Segundo

Nomear a Ana Díaz Teijeiro como vogal titular e a David Castro Sanmartín como vogal suplente en representación da consellería competente en materia de fundacións e asociacións a Margarita Ardao Rodríguez como vogal suplente en representación da consellería competente en materia de emprego, a María Eugenia Pérez Fernández como vogal titular en representación da consellería competente en materia de educación e a Víctor Manuel Cerqueiro Barreiro como secretario suplente do Consello da Economía Social de Galicia.

Contra esta orde poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2022

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade