Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete ao trámite de información pública a supresión do Couto de Mina Mercedes.

En cumprimento do disposto no artigo 15.3 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño), a Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra, tras ser informado o Consello Provincial de Pesca Continental, somete a información pública, durante un prazo de 15 días, o expediente para a supresión do couto sen morte de Mina Mercedes e a súa conversión nun tramo libre de pesca sen morte durante todo o ano.

O expediente está á disposición de todos aqueles que poidan ter interese nel na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda de Pontevedra, Servizo de Patrimonio Natural, na avenida de María Victoria Moreno, núm. 43, 2º, 36003 Pontevedra.

Pontevedra, 7 de decembro de 2022

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra