Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1346

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lobios

ANUNCIO da convocatoria e das bases xerais e específicas dos procesos selectivos de estabilización para a execución da oferta de emprego público de 2022 correspondente a prazas estruturais derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro, conforme as disposicións adicionais segunda e sexta.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 294, do 26 de decembro de 2022, publicáronse a convocatoria e as bases xerais e específicas dos procesos selectivos de estabilización para a execución da oferta de emprego público de 2022 do Concello de Lobios correspondente a prazas estruturais derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro, conforme as disposicións adicionais segunda e sexta.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Lobios, 29 de decembro de 2022

María del Carmen Yáñez Salgado
Alcaldesa presidenta