Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1345

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira dunha praza de peón/a servizo de limpeza.

Unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 1637/2022, do 23 de decembro, nomeouse a Miguel Romero Neira, con DNI ***9614**, funcionario de carreira do Concello de Fene, dunha praza de peón de servizo de limpeza, pertencente ao grupo: agrupación sen titulación, escala: Administración especial, subescala: servizos especiais, clase: persoal de oficios, vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene e incluída na oferta de emprego público do ano 2017.

O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Fene, 26 de decembro de 2022

Juventino José Trigo Rey
Alcalde