Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1344

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO da convocatoria para executar a oferta de emprego público extraordinaria para estabilizar o emprego temporal (artigo 2) e de longa duración (disposición adicional sexta) da Lei 20/2021.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 295, do 27 de decembro de 2022, con corrección de erros no BOP número 296, do 28 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para prover as seguintes prazas, en execución da oferta de emprego público extraordinaria para a redución do emprego temporal da Lei 20/2021:

– Artigo 2: 1 auxiliar administrativo/a (animador/a turístico/a), funcionario/a de carreira, grupo C2, xornada parcial; 1 operario/a de servizos múltiples, persoal laboral fixo. Sistema concurso-oposición.

– Disposición adicional sexta: 1 auxiliar administrativo/a, funcionario/a de carreira, grupo C2; 1 educador/a familiar, funcionario/a de carreira, grupo A2; 4 auxiliares de axuda no fogar, persoal laboral fixo, media xornada.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Alfoz, 28 de decembro de 2022

Jorge Val Díaz
Alcalde