Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1355

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal para a selección de varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 297, do 29 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán as convocatorias para cubrir as seguintes prazas:

A) Persoal funcionario de carreira:

1) Denominación: auxiliar administrativo.

Categoría: C2.

Nº de prazas: 3.

2) Denominación: sociólogo/a.

Categoría: A1.

Nº de prazas: 1.

3) Denominación: educadora social.

Categoría: A2.

Nº de prazas: 1.

B) Persoal laboral:

1) Denominación: persoal pintura.

Categoría: C2.

Nº de prazas: 1.

2) Denominación: coidador/a escola infantil.

Categoría: AP.

Nº de prazas: 1.

3) Denominación: educadora escola infantil.

Categoría: A2.

Nº de prazas: 1.

4) Denominación: persoal xardinaría.

Categoría: C2.

Nº de prazas: 1.

5) Denominación: limpeza viaria.

Categoría: AP.

Nº de prazas: 1.

6) Denominación: operario/a limpeza instalacións.

Categoría: AP.

Nº de prazas: 6.

7) Denominación: soldador-condutor.

Categoría: C2.

Nº de prazas: 1.

8) Denominación: auxiliar servizos sociais.

Categoría: C2.

Nº de prazas: 1.

Todas elas cubriranse polo sistema de concurso (proceso extraordinario de estabilización previsto na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro).

O prazo de presentación será de 20 días naturais contado desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos en Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Xove.

Xove, 29 de decembro de 2022

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde