Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1354

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Veiga

ANUNCIO de publicación das bases do proceso de estabilización do emprego temporal.

Esta oferta pública extraordinaria aprobouse mediante o Decreto da Alcaldía do 20 de maio de 2022, anunciada mediante o edicto publicado no BOP núm. 128, do 6 de xuño de 2022, e no DOG núm. 108, do 7 de xuño de 2022.

Mediante o Decreto da Alcaldía do 23 de decembro de 2022 aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir as prazas e publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 297, do 29 de decembro de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica municipal do Concello da Veiga.

A Veiga, 29 de decembro de 2022

Juan Anta Rodríguez
Alcalde