Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1353

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Saviñao

ANUNCIO de convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal para prover varias prazas, polo procedemento de concurso de méritos, incluídas na oferta de emprego público extraordinaria para o ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 283, do 13 de decembro de 2022, e na sede electrónica do Concello, aparecen publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir as seguintes prazas: 1 educador/a familiar, 1 informador/a xuvenil, 1 axente de emprego e desenvolvemento local, 1 traballador/a social, e 1 administrativo/a, mediante o sistema de concurso de méritos.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal e como establecen as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

O Saviñao, 14 de decembro de 2022

Juan Carlos Armesto Quiroga
Alcalde