Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1351

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de resolución da Xunta de Goberno Local, do 2 de decembro de 2022, pola que se acorda deixar sen efecto a oferta de emprego público de 2018.

Mediante a Resolución da Xunta de Goberno Local, do 2 de decembro de 2022, acordouse:

«Primeiro. Estimar parcialmente o recurso potestativo de reposición en relación co recurso contra a oferta de emprego público extraordinario de estabilización do emprego na Administración do ano 2022, ao abeiro da Lei 20/2021 do Concello do Rosal, presentado por Alberto Gonzálvez Herrero, DNI 36*****J, en representación da Confederación Intersindical Galega con CIF G36*****7, con base no motivo primeiro.

Segundo. Incorporar cinco das prazas de peóns de limpeza viaria e roza forestal na oferta de emprego público extraordinaria de estabilización do emprego na Administración derivado da Lei 20/2021.

Terceiro. Deixar en consecuencia sen efecto a oferta de emprego público de 2018, posto que eran as únicas prazas obxecto da devandita convocatoria. Deixar tamén sen efecto o proceso selectivo derivado desta, convocado mediante o Decreto 2021-0424 do 12 de maio. Esta resolución publicarase no punto correspondente ao devandito proceso selectivo da sede electrónica do Concello. Os interesados poderán solicitar a devolución da taxa aboada para a participación no correspondente proceso selectivo.

(...)».

Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. 

Tamén poderán interpoñer alternativamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co establecido nos artigos 30, 114.c) e 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 8, 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de optar pola interposición do recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que exista notificación da resolución do recurso de reposición ou ata que transcorrese un mes desde a súa interposición sen recibir a notificación, data en que poderá entenderse desestimado por silencio administrativo.

Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno.

O Rosal, 13 de decembro de 2022

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa